Bilbao

Xa chegamos a Bilbao! Un pouquiño antes do previsto. A noite foi tranquila. A viaxe sen complicacións

Imos alá!!!

Todo preparado para empezar esta aventura…que nervios!!

Que te falta?!

Lembra que hai que estar ás 12 da noite do venres 31 de xaneiro diante do instituto. Non esquezas teu DNI!! Ropa de abrigo, chuvia e sol…(paraugas!) (O pronóstico vai dende 0 a 22 graos)

Sobre a alerta sanitaria…

Ante a información coñecida esta fin de semana dun caso de coronavirus en Bordeaux (Francia) a dirección do Instituto Antonio Fraguas decidiu o seguinte: 1.- Coa información que temos hoxe luns 27 de xaneiro MANTENSE a viaxe a Dax do alumnado. 2.- En función do que informen as autoridades sanitarias, decidiremos nos vindeiros dias se…

Bienvenue – Benvidos

Benvidos ao blog do Intercambio escolar coa localidade de Dax. Abrimos este espazo para poder manter informadas ás familias durante a estancia do alumnado en Francia. Unha vez creado este sitio, utilizarémolo nas seguintes edicións dos intercambios nos vindeiros cursos. Para poder suscribirse gratuitamente e recibir un email cada vez que actualicemos o blog, segue…